Análise estatística sobre a Fórmula 1
| Autoría | Diego Pérez Casal |
| Data de defensa | 27/07/2022 |
| Titulación | Grao en Economía |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: Gustavo Bergantiños Cid |
| Tribunal |
Titoría: Gustavo Bergantiños Cid |
| Resumo | As carreiras de Fórmula 1, como toda competición de velocidade, as gaña aquela persoa que sexa capaz de percorrer o percorrido da proba no menor tempo posible. Os últimos anos, o número de gañadores foi reducíndose máis e máis ata ser practicamente monopolizados por un número moi reducido de pilotos. Pero, ¿sempre foi isto así? Ao longo destas follas iremos vendo como a organización da competición foi modificando as regulamentacións para poder contar con máis pilotos distintos na primeira posición. A súa vez, observaremos a importancia que ten a posición de saída da carreira; xa que non resulta igual de probable gañar a carreira se saímos primeiros que se saímos últimos ou en metade do pelotón. Palabras clave: Rendemento, tecnoloxía, espectáculo, velocidade, desenvolvemento, pilotos, victoria, regulamentación. FIA, poleman, seguridade, deportividade, milésimas, aerodinámica, potencia. |