Deseño aerodinámico de un aeroxerador de eixo horizontal de pequena potencia
| Autoría | Adrián Toba Caamaño |
| Data de defensa | 22/07/2022 |
| Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
| Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
| Dirección |
Titoría: Carlos Ulloa Sande Cotitoría: Fermín Navarro Medina |
| Tribunal |
Presidencia: Higinio González Jorge Vogalía: Antonio Ferriz Mas Secretaría: Diego González Salgado |
| Resumo | Resumo: Ante a crecente aposta polas enerxías renovables e a transición da rede eléctrica cara a un modelo máis distribuído, os pequenos sistemas eólicos e as súas aplicacións híbridas exercen un papel cada vez máis relevante. O presente estudo busca desenvolver un aeroxerador de eixo horizontal para suplir as demandas de fogares unifamiliares con consumos superiores á media ou de pequenas explotacións agrarias. Como resultado do proxecto, proponse un deseño aerodinámico do rotor e un dimensionamento dos principais elementos estruturais do mesmo. Para avaliar o desempeño do rotor, empréganse as ferramentas QBlade e pyBEMT, que implementan as ecuacións do método do momento e elemento de pa (BEM), e realízase unha comparativa dos resultados ofrecidos por ambos os programas. Para o dimensionamento do traveseiro da pa utilízase o estándar IEC 61400-2. Os resultados obtidos adecúanse aos expostos por outros fabricantes aínda que son necesarias futuras liñas de traballo para completar este estudo preliminar. Palabras clave: Aeroxerador de pequena potencia, aeroxerador de eixe horizontal, método BEM, QBlade, pyBEMT |