Deseño de UAV para exploración en Marte
Autoría | Javier Pampín García |
Data de defensa | 22/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Guillermo David Rey González Titoría: Fermín Navarro Medina |
Tribunal |
Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega Presidencia: Laura De la Torre Ramos Secretaría: Analia María García Lourenco |
Resumo | Ao longo deste traballo, vaise modelar unha misión de recoñecemento da superficie de Marte por mediación dun dron. Aínda que a maior parte do contido vaise focalizar no deseño do UAV, tamén se analizarán brevemente outros aspectos sobre o resto de infraestructuras que se precisarán para materializar o proxecto. Primeiramente, investigaranse prototipos de aeronaves semellantes para contar cun punto de partida. Isto, fara posible establecer parámetros iniciais en torno aos que deseguido se construirá o dron. Tendo en conta que o proceso de deseño deste tipo de vehículos inclúe numerosos aspectos, centrarase a atención nos que se consideren máis importantes. Neste caso, atendendo á baixa densidade atmosférica e ás baixas temperaturas presentes no planeta, o estudo aerodinámico e o problema térmico gañarán especial relevancia frente aos demáis temas a tratar. Baseándose nos resultados obtidos destes, ademáis do resto de variables que determinarán a conformación do UAV, executarase un procedemento iterativo ata acadar unha solución válida que cumpra todos os requerimentos establecidos. |