Deseño e análise estrutural dun rover con sistema de contrapeso para grúa para o estudio das covas lunares
Autoría | Alberto Labrador Carballo |
Data de defensa | 22/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Fermín Navarro Medina Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan |
Tribunal |
Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega Presidencia: Laura De la Torre Ramos Secretaría: Analia María García Lourenco |
Resumo | A Axencia Espacial Europea, a través da campaña Open Space Innovation Platform (OSIP), promociona que calquera persoa ou institución aporte proxectos no ámbito da exploración espacial. Neste sentido, en 2019 presentouse RoboCrane, un rover cuxo obxetivo é o estudo das covas lunares, unhas cavidades no subsolo do noso satélite que probablemente foron formadas polo movemento de lava e o seu posterior arrefriamento por debaixo da superficie da Lúa, que poden servir como lugar para un futuro asentamento humano, xa que están protexidas do impacto de micrometeoritos e da radiación solar. RoboCrane incorpora unha grúa e un cable, a través dos cales se descolgará un robot de reducido tamaño que se introducirá nas cavidades, aportando soporte de datos e potencia. Este traballo céntrase no diseño do rover e do sistema de contrapeso necesario para poder desplegar o mástil da grúa sen desequilibrarse, estudando e deseñando a posible estrutura do rover, desde os elementos de tracción como ar rodas ata o chasis, a localización dos subsistemas e a introducción de diversos elementos mecánicos para axudar a equilibrar o peso da grúa. Palabras clave: rover, grúa, covas lunares, Lúa |