Aplicación de Machine Learning para a mellora do proceso de impresión 3D
Autoría | Fátima García Martínez |
Data de defensa | 22/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Diego Carou Porto Cotitoría: Francisco de Arriba Pérez |
Tribunal |
Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega Presidencia: Laura De la Torre Ramos Secretaría: Analia María García Lourenco |
Resumo | No presente Traballo Fin de Grao recóllense os procedementos necesarios para predicir a rugosidade superficial das pezas impresas mediante fabricación aditiva, utilizando técnicas de Machine Learning. Para iso, en primeiro lugar, utilizouse a bibliografía existente para documentarse sobre que parámetros poden ser significativos, en canto á rugosidade superficial. Posteriormente, realizouse un estudo experimental para establecer os ensaios a realizar. A continuación, deseñáronse e fabricáronse todas as probetas que, tras desenvolver un procedemento de medición, permiten obter os valores de rugosidade superficial. Finalmente, elaborouse un modelo, aplicando técnicas de Machine Learning, para poder predicir a rugosidade superficial, a partir dos datos seleccionados na bibliografía e dos obtidos experimentalmente. Ademais, realizouse un estudo estatístico para poder concluír se existen tendencias claras en canto aos parámetros analizados. En conclusión, a través da metodoloxía resumida anteriormente, foi posible atopar un algoritmo capaz de predecir a rugosidade superficial a partir dunha serie de datos de partida dun xeito máis rápido e eficiente. Ademais, tamén se puideron extraer conclusións sobre a significación dos parámetros de impresión. |