Diseño e prototipado dunha maqueta de control de orientación de CubeSat por medio de roda a reacción e sistema inercial.
Data de defensa | 22/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Pedro Orgeira Crespo |
Tribunal |
Presidencia: Laura De la Torre Ramos Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega Secretaría: Analia María García Lourenco |
Resumo | Neste proxecto desenvólvese a programación, o deseño, a fabricación e a posta en funcionamento dun sistema de determinación e control de orientación ou actitude (ADCS) nun prototipo de CubeSat 1U. Este sistema de orientación está baseado no accionamento dunha roda de inercia que consiga xerar un torque suficiente sobre o prototipo para que este logre producir una rotación. O CubeSat deberá cambiar a súa posición orientándose en todo momento cara unha posición de referencia, que pode ser o Sol, o Nadir ou mesmo otro CubeSat, para poder establecer comunicación. Para conseguilo, será necesario integrar un ordenador a bordo (OBC) que, a través da información que recibe en tempo real da unidade de medida inercial (IMU), active o control do volante de inercia, baseado nun controlador PID, para xirar alcanzando a actitude deseada ou de referencia. Palabras clave: CubeSat, Sistema ADCS, Roda de Inercia, IMU, Control PID. |