Autismo e Conversation Analysis: Análise do Repertorio Autista de Arnie Grape na Produción Cinematográfica 'What's Eating Gilbert Grape?' (1993)
Data de defensa | 19/07/2022 |
Titulación | Grao en Linguas Estranxeiras |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: María Esperanza Rama Martínez |
Tribunal |
Titoría: María Esperanza Rama Martínez |
Resumo | O presente estudo ten como obxectivo principal o análise crítico daqueles fragmentos de diálogo máis significativos e representativos do repertorio autista que se poden atopar na produción cinematográfica ?What?s Eating Gilbert Grape?? (1993). Os fragmentos, transcritos manualmente, exploraranse seguindo a metodoloxía propia de Conversation Analysis e estudos sobre discapacidade realizados precedentemente. O análise partirá da observación de conversación casual e non estruturada realizada nun entorno familiar/naturalista polo individuo autista en cuestión; Arnie Grape, un adolescente de dezaoito anos de idade cun prospeto conversacional limitado e notables deficienzas ou disfuncións conversacionais. O seu discurso examinarase tendo en conta as propiedades prosódicas e léxicas da súa fala, incluido o seu uso da risa e algúns rasgos xestuais recurrentes de gran relevancia ̶ exhibicións faciais e movementos da cabeza ou das mans. As súas contribucións serán evaluadas con respeto ó xeito no que estructura as súas respostas e se isto ocorre de maneira preferente ou non preferente ̶ ?preference organisation? ̶ e ó manexo subseguinte da interacción con outros individuos centrándose na súas competencias comunicativas e as súas materializacións. Os rasgos conversacionais evaluados son os seguintes: (a) rasgos acústicos: rango de tonos (?pitch range?), acento (?stress?), entoación e volumen; (b) rasgos verbais: xestos e movementos corporais (c) risa (d) toma de turnos: primeiro e segundo par dos pares adxacentes (e) organización da preferencia (?preference organisation?): accións preferentes e non preferentes. |