Resumo | Este traballo busca realizar unha análise das restricións, normas e técnicas empregadas para a subtitulación de dúas cancións de Inside, de Bo Burnham. En primeiro lugar, expóñese un marco teórico onde se definen a subtitulación, as súas convencións e algúns dos parámetros a ter en conta na tradución do humor e cancións. Para o análise, emprégase a metodoloxía de Martí (2013), concretamente aquela que abarca a fase de tradución. Finalmente, expóñense os resultados e unha serie de conclusións tomadas a partir da análise. |