Estudo dos anglicismos en galego en Twitter
| Autoría | Andrea Gayoso Vázquez |
| Data de defensa | 20/07/2022 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos |
| Tribunal |
Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos |
| Resumo | O inglés converteuse nunha lingua franca que está moi presente na sociedade e, especialmente, nas redes sociais, a ferramenta de comunicación de miles de millóns de persoas. Neste contexto, este traballo ten por obxectivo analizar a presenza de voces anglófonas no galego a través de chíos publicados na rede social Twitter. En concreto, achegamos datos sobre a variedade do léxico nas redes en comunicacións da xente moza para construir un dicionario (composto por cincuenta entradas) que recolla os anglicismos e mais as recomendacións das institucións académicas sobre eles. PALABRAS CLAVE: redes sociais, Twitter, chíos, anglicismos, estranxerismos, inglés, galego, dicionario. |