A lingua inglesa nos centros de educación secundaria: un estudo de caso (2021-2022)
| Autoría | Sara Álvarez Rodríguez |
| Data de defensa | 19/07/2022 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez |
| Tribunal |
Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez |
| Resumo | Resumo: Este Traballo de Fin de Grao mostra unha análise de caso da lingua inglesa na educación secundaria, para a que se empregou unha enquisa que responderon tanto o profesorado como o alumnado de tres centros de Educación Secundaria Obrigatoria. O principal obxectivo desta investigación é coñecer como se imparte a materia, os intereses do alumnado e os materiais e actividades que fan de forma autónoma para mellorar na lingua. Os resultados obtidos poderán ser de axuda para facer unha programación da materia que resulte rendible e de interese para o alumnado. Palabras clave: ensino, linguas estranxeiras, inglés, enquisa, alumnos, profesores |