Secretaría Uvigo - Deseño preliminar e estudo aerodinámico dun helicóptero de rotores coaxiais de transporte de pasaxeiros

Deseño preliminar e estudo aerodinámico dun helicóptero de rotores coaxiais de transporte de pasaxeiros

AutoríaAlberto Rodríguez Lorenzo
Data de defensa05/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Eduardo Suárez Porto
Titoría: Guillermo David Rey González
Tribunal Presidencia: David Álvarez González
Vogalía: José Luís Alonso González
Secretaría: Matías García Rivera
ResumoOs helicópteros sempre reuniron certas características que podería convertilos no medio de transporte urbano e interurbano ideal do futuro; entre elas axilidade, flexibilidade, velocidade e accesibilidade. Aínda que os avances tecnolóxicos nas últimas decadas foron máis reducidos que noutros medios de transporte, os recentes avances en materia de pegada sonora e ambiental poderían marcar un punto de inflexión na súa aplicación. A menor pegada sonora en helicópteros con rotores coaxiais, ademáis das súas menores dimensións e maior seguridade, xustifican a elección desta configuración para o deseño.
Este proxecto aborda o deseño preliminar dun helicóptero con rotores coaxiais, comprendendo este o dimensionado dos distintos parámetros en base a regresións e estudos bibliográficos, o modelado da estructura externa según o dimensionadoe o cálculo de actuacións esperadas do helicóptero mediante formulación teórica.
Complétase o traballo co estudo do helicóptero mediante dinámica de fluidos computacional: comparando os resultados cos valores teóricos, realizando melloras aerodinámicas na fuselaxe e establecendo un modelo lineal de inclinación do estabilizador horizontal.

Palabras clave: Helicóptero, rotores coaxiais, deseño preliminar, estudo aerodinámico.
Volver