Deseño e análise estrutural dun rover para a exploración de covas luares
Autoría | María Rodríguez Villar |
Data de defensa | 06/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: Fermín Navarro Medina Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan |
Tribunal |
Secretaría: Manuel Pérez Vázquez Presidencia: Gloria María Pena Uris Vogalía: Jacobo Antonio Troncoso Casares |
Resumo | A Lúa sempre foi un dos obxectivos máis perseguido polos científicos tanto pola exploración espacial como polo seu interese xeolóxico. Este Traballo de Fin de Grao é parte dun proxecto de maior entidade denominado RoboCrane e dirixido pola Axencia Espacial Europea (ESA) que ten como finalidade a exploración de novas rexións na Lúa, as covas luares localizadas no subsolo, para estudar a viabilidade de futuros asentamentos humanos ou a extracción de recursos naturais. Por iso preténdese levar a cabo o deseño estrutural dun rover espacial con capacidade para adaptarse as condicións do entorno e á orografía do satélite terrestre. Durante a misión, o rover permanecería sobre a superficie luar para proporcionar enerxía e actuar como enlace no envío de comandos, para o seu estudo, a un enxame de robots que se implementa no interior das cavidades para o seu estudo. O vehículo componse de elementos prefixados acorde a un listado de requirimentos, empregando materiais aptos para o espazo. A maiores, co fin de verificar a idoneidade da estrutura, os elementos críticos sométense a distintas análises estruturais que permiten determinar a distribución de cargas e os esforzos xerados sobre o rover. A idea é completar o proxecto ca fabricación do prototipo, realizar recoñecementos adicionais nun campo de probas luar para obter unha dobre verificación de que o modelo cumpre cos requisitos estipulados e, finalmente, levar a cabo a misión nun futuro. Palabras clave: Lúa, rover, misión, cova, análise estrutural |