Impacto do aumento da frecuencia das temperaturas extremas nas operacións dos aeroportos españois debido ao cambio climático
Autoría | Rubén Amenedo Míguez |
Data de defensa | 06/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Titoría: Laura De la Torre Ramos Cotitoría: Juan Antonio Añel Cabanelas |
Tribunal |
Secretaría: Manuel Pérez Vázquez Presidencia: Gloria María Pena Uris Vogalía: Jacobo Antonio Troncoso Casares |
Resumo | No presente TFG imos analizar o impacto do aumento da frecuencia das temperaturas extremas sobre as operacións dos aeroportos españois debido ao cambio climático. Para iso, será crucial comprender que as temperaturas máis cálidas están asociadas a unha menor densidade no aire, por iso, os avións necesitan máis impulso para despegar. Deste modo, recompiláronse os datos das temperaturas máximas diarias rexistradas nas últimas décadas na España peninsular. A partir das cales, mediante as traxectorias de concentración representativas (RCP), poderase prever as temperaturas máximas que se rexistrarán durante o século XXI. Por outra banda, unha vez obtidos estes valores, utilizaranse para determinar o número de días nos que haberá restricións de peso e cancelacións de voos nos aeroportos estudados. Deste xeito poderase comprender as consecuencias que o cambio climático terá na industria aeronáutica. Por último, deste proxecto extráese que durante este século as restricións de peso serán cada vez máis frecuentes e que, principalmente a finais do século XXI, comezaranse a producir nas horas de maior calor as cancelacións de voos, o que afectará principalmente a aqueles aeroportos nos que xa se dan as altas temperaturas, sobre todo se están situados a maior altitude. Palabras clave: aeroportos, temperaturas máximas diarias, cambio climático, RCP, restricións de peso. |