Melloras ó diseño dun drone para o recorrido de largas distancias.
| Data de defensa | 05/07/2022 | 
| Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial | 
| Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo | 
| Dirección | Titoría: Pedro Orgeira Crespo | 
| Tribunal | Secretaría: María Begoña Cid Iglesias Presidencia: Carlos Ulloa Sande Vogalía: Alejandro Manuel Gómez San Juan | 
| Resumo | Debido ás restricións en canto alcance e autonomía impostas polos drons comerciais empregados para a supervisión de incendios proponse levar a cabo o deseño dunha aeronave de á fixa que permita mellorar as capacidades actuais, sen que supoña unha perda de portabilidade que dificulte o seu uso. Para iso, realizouse un estudo aerodinámico que abarca desde a selección de perfís ata a configuración do á e estabilizador horizontal, así como deseño da fuselaxe a través do software XFLR5. A maiores, efectuouse un estudo de estabilidade para optimizar o deseño do estabilizador. Unha vez obtido o deseño aerodinámico do modelo fíxose un cálculo de actuacións para determinar a envolvente da aeronave e seleccionar un sistema de propulsión adecuado á misión. Tras terminar o estudo desde un punto de vista estático deseñouse un sistema de control de aleróns que permita manter a actitude da aeronave ante calquera perturbación externa e, finalmente realizouse un sistema que axuda á detección de incendios en base a postprocesamento de imaxes. Doutra banda, á parte de obter os resultados teóricos da análise aerodinámica, estabilidade e cálculo de actuacións fabricouse un modelo 3D que posibilitou a obtención das polares do deseño e, a validación de tanto o sistema de control de aleróns como as simulacións realizadas en XFLR5. En cambio, o sistema de detección de incendios probouse por medio dun simulacro de pequenas dimensións para ver se a través da cámara que porta unha aeronave é capaz de detectalo. Posteriormente, tras realizar este proceso concluíuse que o modelo deseñado aumentaba tanto o alcance como a autonomía en máis dun 50% con respecto aos modelos comerciais. Á súa vez, as validacións realizadas dos distintos apartados permitiron demostrar o correcto funcionamento dos sistemas deseñados neste proxecto. |