Resumo | No presente Traballo de Fin de Grao faise referencia á importancia do sector turístico no noso país, especialmente do sector hotelero. Por iso, destácase a importancia do emprego do marketing no sector e as posibles estratexias que teñen que empregar para seguir sendo competitivos. Menciónanse tamén os principais retos aos que teñen que facer frente estas empresas na actualidade como poden ser o papel das novas TIC e o Covid-19. Tamén analízanse as marcas hoteleras máis importantes de España e un caso práctico da marca hotelera Iberostar Hotel & Resorts. As conclusións principais que podemos sacar deste traballo son que, na actualidade todas as empresas deste sector necesitan empregar o marketing hotelero, crear e manter as relacións cos seus clientes e saber adaptarse rápidamente ao entorno e ás novas situacións, xa que do contrario poden quedarse fora do mercado. Tamén veranse os efectos da pandemia e como o sector hotelero viuse moi afectado e as medidas que pódense adoptar para acelerar a sua recuperación. - Marketing hotelero, sector hotelero, TIC, marketing dixital, medioambiente. |