Influencia da publicidade nas redes sociais. Análise de caso: perfumerías Primor
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María del Carmen Otero Neira |
Tribunal |
Titoría: María del Carmen Otero Neira |
Resumo | A publicidade nas Redes Sociais (RRSS), definiuse na actualidade como un compoñente fundamental para as empresas, porque se converteron en ferramentas imprescindibles para promocionar os servizos ou comercializar os produtos que desenvolven. Neste traballo preséntase un estudo documental de caso, baseado nunha empresa española que utiliza a publicidade en RRSS, co obxectivo de estudar a influencia de ter a estratexia de publicidade baseada na promoción a través destes novos instrumentos paradigmáticos que permiten que as empresas cada vez máis dediquen o maior dos seus esforzos nesta forma de facer publicidade, que se constituíu no marketing dixital. A través do marketing dixital é posible que as empresas utilicen diferentes formas de comunicación co seu sector de mercado, clientes e competencias, por iso se analiza un caso baseado na cadea de perfumerías española Primor, e se describen os métodos empregados para recoller a información do estudo, que deu como resultado diversas conclusións derivadas do estudo de caso e da revisión documental, que indican o alto nivel de influencia da publicidade realizada a través das RRSS segundo a evidencia documental revisada e analizada. Palabras clave: RRSS, estratexias publicitarias, mercadotecnia dixital, ferramentas dixitais, Primor. |