Estudo de estabilidade e control de órbitas lunares
| Autoría | Alfonso Sánchez Rodríguez |
| Data de defensa | 04/07/2022 |
| Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
| Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
| Dirección |
Titoría: Daniele Tommasini Cotitoría: Fermín Navarro Medina |
| Tribunal |
Vogalía: Ricardo Javier Bendaña Jácome Presidencia: Carlos Castro Miguéns Secretaría: Diego Carou Porto |
| Resumo | O obxectivo do proxecto é comprobar se pódese empregar un procedemento de control continuo, baseado no uso de propulsión eléctrica, para estabilizar un conxunto de seis órbitas lunares semiconxeladas. Pese a resultar de interese para as principais axencias espaciais, demostrouse que algunhas destas órbitas non se poden controlar por medios convencionais. Ó longo do proxecto, plantexo un modelo matemático de precisión para as ecuacións do movemento do satélite e escribo un propagador orbital no que introduzo unha implementación propia do solver de referencia no ámbito da simulación de órbitas perturbadas. Tras validar o programa coas efemérides dun satélite real, emprego os resultados para responder á pregunta que plantexo ó inicio deste resumo. Palabras clave: Propagador orbital - Perturbacións orbitais - Propulsión eléctrica - Control orbital. |