Modelado e simulación da estructura en CCF-PETG dun Cubesat 1U destinado ao control do sargazo mariño.
| Autoría | David González Sampayo |
| Data de defensa | 04/07/2022 |
| Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
| Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
| Dirección |
Cotitoría: Ricardo Javier Bendaña Jácome Titoría: Rafael Comesaña Piñeiro |
| Tribunal |
Presidencia: Guillermo David Rey González Vogalía: Daniele Tommasini Secretaría: José Ramón Salgueiro Piñeiro |
| Resumo | Neste proxecto descríbese detalladamente unha análise de viabilidade que evalúe a posibilidade de cambiar a tradicional forma de fabricar CubeSats en aluminio, por métodos innovadores como a fabricación aditiva con materiais compostos, neste caso. En primeiro lugar, exponse un marco teórico con algunhas pinceladas xenéricas sobre os satélites artificiais e explícase a misión do AlgaSat, analizando como inflúe esta na selección dos subsistemas da nave, o tipo de órbita e a carga de pago. A continuación, móstranse as fases de deseño e fabricación, como un proceso iterativo. Na primeira, explícanse todos os criterios adoptados e requisitos legais que se tiveron en conta á hora de deseñar a estrutura do CubeSat, e adxúntanse imaxes do modelado CAD dos distintos compoñentes. Na segunda, explícase brevemente o software de impresión 3D empregado e a continuación, explícanse os parámetros de impresión e a xustificación dos valores seleccionados. En último lugar, procédese á fase de certificación e validación do satélite mostrando os resultados da análise de elementos finitos para evaluar a validez do deseño. |