Secretaría Uvigo - Misión OFOS-VEN: Orbitadores dedicados ó estudo da presenza de FOsfano e á caracterización do fenómeno de Superrotación na atmosfera de VENus

Misión OFOS-VEN: Orbitadores dedicados ó estudo da presenza de FOsfano e á caracterización do fenómeno de Superrotación na atmosfera de VENus

AutoríaBrais García García
Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
Tribunal Presidencia: Guillermo David Rey González
Vogalía: Daniele Tommasini
Secretaría: José Ramón Salgueiro Piñeiro
ResumoResumo:

O concepto de misión OFOS-VEN pretende estudar a fondo a atmosfera de Venus para achegar máis datos á comunidade científica e poder así ampliar o coñecemento sobre a mesma. Dous orbitadores independentes, pero coas mesmas características e funcións, realizan diferentes tipos de observacións globais para tódalas alturas da capa fluída, co fin de comprender en detalle o proceso de superrotación das correntes de aire e de descubrir se está presente nela o composto PH3 (fosfano). Preténdese que as medicións axuden, por un lado, a elaborar un modelo de correntes atmosféricas que sirva de referencia para o deseño de futuras misións e, por outro, a estudar o que implica para a presenza de vida no planeta veciño a existencia da mencionada molécula, no caso de que sexa descuberta. A análise conceptual abórdase dende o punto de vista da elección da carga de pago, do deseño das órbitas e do subsistema de control, para axeitalos ós requirimentos específicos que fan cumprir os obxectivos científicos do proxecto.

Palabras clave: Venus, superrotación, fosfano, orbitadores, ADCS
Volver