Secretaría Uvigo - Greenwashing no marco da sustentabilidade empresarial; o caso WV

Greenwashing no marco da sustentabilidade empresarial; o caso WV

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María del Carmen Otero Neira
Tribunal Titoría: María del Carmen Otero Neira
ResumoO presente traballo trata de clarificar a conceptualización de diferentes termos que hoxe se espallaron rapidamente na sociedade pero que ás veces poden levar a confusión ao non tratalos adecuadamente.

Inclúe a forte entrada do termo sustentabilidade e desenvolvemento sostible nas nosas vidas, tanto que non se concibe outra forma posible de facer as cousas se se desexa o benestar social e a protección do medio natural. Ademais, indagáronse nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos para a Axenda 2030 das Nacións Unidas, e o concepto de mercadotecnia ecolóxica é contrastado co greenwashing, e afonda dun xeito algo máis detallado nestes termos.

Conclúe mostrando un caso de greenwashing que desenmascara as malas prácticas dalgunhas empresas que se proclaman sostibles, ocultando o seu verdadeiro impacto ambiental e aproveitando a crecente preocupación da sociedade polo medio natural.

Palabras clave: sustentabilidade, desenvolvemento sostible, ODS, mercadotecnia ecolóxica, lavado verde.
Volver