Secretaría Uvigo - Análise e estratexias do márketing termal. Caso ?Ourense Termal?

Análise e estratexias do márketing termal. Caso ?Ourense Termal?

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María José García Rodríguez
Tribunal Titoría: María José García Rodríguez
ResumoO sector termal leva varias décadas en pleno crecemento como parte do sector turístico. Aínda que o seu uso dentro do turismo de saúde, médico, benestar ou social é relativamente recente desde finais do século XX, levan existindo e usándose as propiedades das augas con fins curativos dende milleiros de anos.
En España, estímase que existen actualmente arredor de 200 establecementos con augas mineromedicinais, dos cales case a totalidade deles posúe aloxamento. Situados en contornas específicas por mor das características propias destes, son unha alternativa máis tanto para o turismo nacional como internacional.
Existen varios tipos de establecementos termais, entre o que destacan os balnearios polas propiedades das súas aguas, pero tamén hai outros como os centros de talasoterapia, spa ou estacións termais nos que se realizan tratamentos termais.
Con todo, aínda que sexa un sector en pleno crecemento, a crise económica e social existente a nivel mundial debido á pandemia da COVID-19 está provocando cambios na sociedade, polo que será de vital importancia analizar a evolución destes establecementos para saber adaptarse á sociedade actual.

Balneario, Benestar, Calidade, Saúde, Spa, Sociedade, Talasoterapia, Termal, Turismo
Volver