Afecta a automatización de traballos á distribución funcional da renda? Unha análise macroeconómica
| Autoría | Ismael Alonso Malvido |
| Data de defensa | 04/07/2022 |
| Titulación | Grao en Economía |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: Jaime Alonso Carrera |
| Tribunal |
Secretaría: María Olga Alonso Villar Presidencia: Eva María Rodríguez Míguez Vogalía: Fidel Castro Rodríguez |
| Resumo | RESUMO: Este traballo analiza os efectos que a automatización das tarefas produtivas rutineiras ten sobre a distribución funcional da renda. Para iso considérase un modelo de equilibrio xeral dinámico onde distínguese entre dous tipos de traballadores: cualificados e non cualificados, sendo estes últimos susceptíbeis de ser substituídos por máquinas. En consecuencia, asúmese que as empresas usan unha función de produción onde máquinas e traballadores de baixa cualificación son factores produtivos substitutivos. Os resultados do modelo indican que a automatización provoca unha diminución da participación das rendas salariais na renda agregada. Ademais, estúdianse os impactos que producen sobre a economía unha serie de políticas fiscais. Obtense que as políticas son efectivas, pois reducen a diminución da participación das rendas salariais na renda agregada. Non obstante, xeran unha perdida no benestar dos axentes. PALABRAS CLAVE: Automatización, traballadores no cualificados, política fiscal, equilibrio xeral dinámico. |