Como pode o transporte español prepararse para afrontar o reto europeo de neutralidade climática?
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Francisco Xavier Labandeira Villot |
Tribunal |
Titoría: Francisco Xavier Labandeira Villot |
Resumo | A Unión Europea asumiu o reto de alcanzar a neutralidade climática para o ano 2050 a través do Pacto Verde Europeo. O Fit for 55 creouse para marcar obxectivos aos Estados membros no camiño á neutralidade. O sector transporte é un dos principais responsables das emisións de efecto invernadoiro, polo que a UE centra moitas das súas medidas nel. España como membro da UE, ten que cumprir cos seus compromisos. É por iso que se presentou a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética como base para os futuros cambios e o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2030, como folla de ruta para a década actual. O obxectivo deste traballo é analizar de que forma poderá o sector transporte español alcanzar a neutralidade climática para o ano 2050. Para iso comezarei dando un contexto ao transporte español e ao deseño da intervención pública. Logo analizarei as medidas europeas e as que toma España para tentar alcanzar esas metas. Finalizarei explicando unha serie de medidas que axudarán a España a alcanzar a neutralidade. Palabras chave: sector transporte, cambio climático, neutralidade climática, políticas climáticas. |