Secretaría Uvigo - Evolución da fenda salarial de xénero en España

Evolución da fenda salarial de xénero en España

AutoríaSergio Ligero Mallo
Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Economía
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Montero Muñoz
Tribunal Titoría: María Montero Muñoz
ResumoNo presente traballo tratarase de analizar a evolución e estado actual da fenda salarial de xénero en España mediante o empleo dos datos da Enquisa de Estrutura Salarial dos anos 2010, 2014 e 2018. Comezaremos por definir conceptos claves para o desenrolo do traballo como a discriminación de xénero, máis en concreto, a discriminación no mercado laboral. Entre os distintos tipos de discriminacións de xénero no mercado laboral, vamos a centrarnos na discriminación salarial de xénero. A continuación, descríbese o mercado laboral dende unha perspectiva de xénero para, desta forma, caracterizar a situación da muller no mercado laboral español. Ademáis, realízase unha análise comparativa das fendas salariais de xénero non axustadas en España respecto o seu entorno europeo. Finalmente, para a consecución do traballo, mostraremos e analizaremos os resultados das estimacións das fendas axustadas, que se estiman a través dunha ecuación de salarios de Mincer.


PALABRAS CLAVE:
Discriminación, mercado laboral, fenda salarial, ecuación de salarios de Mincer.

Volver