A relación entre o salario mínimo e o desemprego. Unha análise para o caso español
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Economía |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María Montero Muñoz |
Tribunal |
Titoría: María Montero Muñoz |
Resumo | RESUMO: O principal obxectivo deste traballo é realizar unha análise das consecuencias sobre o emprego dun incremento do salario mínimo en España. Para logralo, estúdanse os principais modelos teóricos que nos permiten coñecer cales son as conclusións dun aumento do salario mínimo sobre o emprego dun mercado de traballo, centrado fundamentalmente en España. A continuación, revísanse os artigos empíricos para tratar de aportar evidencia sobre o efecto que un incremento do salario mínimo ten sobre o emprego. Asimesmo, vamos a facer unha análise do Índice de Kaitz en relación á tasa de paro para saber se existe algunha correlación positiva entre ambas variables, realizando este estudo para o caso español e para varios países de Europa. A principal conclusión obtida tras a análise é que non se pode afirmar que exista una correlación directa entre a tasa de paro e o salario mínimo. PALABRAS CLAVE: Salario mínimo, salario medio, Índice de Kaitz, tasa de paro. |