Institucións españolas: a importancia da confianza, a administración pública e o sistema xudicial
| Autoría | José Alberto Carballido López |
| Data de defensa | 04/07/2022 |
| Titulación | Grao en Economía |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: José Carlos Arias Moreira |
| Tribunal |
Titoría: José Carlos Arias Moreira |
| Resumo | RESUMO Na actualidade España encóntrase nunha complicada situación, a evidencia empírica mostra unha dura realidade en canto ao estancado sistema produtivo. Neste contexto de baixa produtividade e eficiencia, son necesarias propostas para poder mudar na procura do ritmo de países do entorno europeo. Esta converxencia producirase se existe un bo funcionamento das institucións; unha completa e uniforme cohesión social por parte da cidadanía, baseada no conxunto de relacións sociais na confianza mutua. Unha Administración Pública que actúe como temón dentro do engrenaxe produtivo, avaliando e levando a cabo as políticas pertinentes para o beneficio da sociedade. Un marco normativo asociado ao sistema xudicial que sexa claro, conciso e de sinxela interpretación para a elaboración de contratos, despexando todo tipo de incertezas, aloxándose de comportamentos oportunistas e favorecendo o desenvolvemento económico da sociedade. Un funcionamento uniforme e harmónico deste conxunto de elementos son a fórmula que alenta o desenvolvemento económico, baseado na eficiencia e na equidade tanto horizontal coma vertical, servindo como pilares do Estado de Benestar das economías desenvolvidas. PALABRAS CLAVE Institucións, costes de transacción, eficiencia, equidade, Administración Pública, sistema xudicial, España. |