A influencia da Covid na economía da liga española de fútbol
Autoría | Saúl Vidal Ferradás |
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Cotitoría: Francisco Javier Martínez Cobas |
Tribunal |
Titoría: Francisco Javier Martínez Cobas |
Resumo | RESUMO: No presente Traballo de Fin de Grado, tratarase de analizar a influencia que tivo a crise provocada pola Covid 19 na economía dos clubs de fútbol de primeira división española. Para comezar, comentamos o orixe do fútbol e a súa evolución ata a actualidade. Posteriormente, analizamos as principais fontes de ingreso e gasto, ademais do endebedamento e fontes de financiamento da Liga Santander, explicando os casos mais rechamantes e comparándoos coas principais ligas europeas. Nesta análise estudamos o crecemento no tempo destas partidas. A continuación, realizamos un análise individual dos equipos de primeira división que estiveron as últimas 5 temporadas nesta categoría, dende a 2016/17 ata a 2020/21, examinando as súas estruturas financeiras mediante os rendementos e ratios destes clubs, observando as disparidades que hai entre estes equipos. Para rematar, tratarase de dar resposta a pregunta formulada inicialmente, sobre a influencia da Covid 19 na economía dos clubs de LaLiga. Palabras clave: Fútbol, Covid 19, estrutura financeira, rendemento, ratio. |