Modelo de negocio para a creación dunha empresa de moda sostible
Autoría | Inés Vaz Ogando |
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto |
Tribunal |
Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto |
Resumo | Resumo: Nas últimas décadas, a industria téxtil posicionouse como unha das máis contaminantes do planeta debido aos impactos negativos que xera sobre o medio ambiente e a sociedade, poñendo de manifesto a necesidade urxente dunha transformación no sistema de produción e consumo cimentado no desenvolvemento sostible. O modelo de negocio de Eco-razón, desenvolto según o modelo Canvas, pretende ofrecer unha alternativa sostible dentro do sector da moda, a través dunha empresa que produce e comercializa prendas de roupa elaboradas con materias primas ecolóxicas e tecidos reciclados mediante un proceso de economía circular. A aplicación de Responsabilidade Social Corporativa, a contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a elevada calidade obtida no produto final ligada ao aumento da súa durabilidade, son elementos diferenciadores na proposta de valor da empresa. Eco-razón busca satisfacer as necesidades dun segmento de mercado crecente, composto por consumidores concienciados coa problemática medioambiental e social que desexan adoptar hábitos de consumo máis responsables e vestir roupa que represente os seus valores. A estratexia da empresa terá una clara orientación ó cliente buscando a creación de relacións estábeis para incrementar a súa fidelización. Palabras clave: Responsabilidade Social Corporativa, desenvolvemento sostible, moda rápida, moda lenta, economía circular, modelo de negocio, industria textil. |