Secretaría Uvigo - Marketing agrario: as posibilidades de mellora no sector agropecuario

Marketing agrario: as posibilidades de mellora no sector agropecuario

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María José García Rodríguez
Tribunal Titoría: María José García Rodríguez
ResumoAo longo deste traballo analizamos a situación do sector agrario en España, no que se refire á agricultura como á gandería, no momento actual. Para iso estudamos o sector desde varios puntos de vista.

Por unha banda, a contorna no que se desenvolve, tanto a nivel xeral incluíndo contorna política-legal, económico, sociocultural, tecnolóxico e ambiental, e o específico, centrado sobre todo na competitividade entre as empresas do sector, así como nos problemas aos que éste se enfronta. Entre eles, a escasa diferenciación dos bens, o poder canles de distribución e a pouca promoción.

Doutra banda, revísanse as estratexias de marketing empregadas, de tal forma que, tras un diagnóstico das mesmas, veremos que é un campo totalmente infrautilizado, que habería que tratar de mellorar para conseguir a expansión deste sector, básico para os consumidores. Isto pasaría basicamente pola diferenciación de produtos e a fidelización dos clientes.

Para finalizar, aplicaranse os argumentos empregados no proxecto a un caso práctico, analizando para este fin unha empresa concreta do sector, a Cooperativa Hoxe. Comprobaremos se emprega todas as ferramentas ao seu alcance para promocionar e expandir a súa gama de produtos.

Palabras chave: España, marketing agrario, produtos agrarios, agricultura e gandería.
Volver