Secretaría Uvigo - Plan de marketing para Grupo P&A

Plan de marketing para Grupo P&A

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: María Jesús López Miguens
Tribunal Titoría: María Jesús López Miguens
ResumoO obxecto do presente traballo de fin de grao é a elaboración dun plan de marketing de carácter anual para a empresa Grupo P&A, que comprende o período que vai dende o 1 de xaneiro do 2022 ata o 31 de decembro do 2022.
Grupo P&A é unha consultora de formación e capital humano que ofrece servizos en tres áreas fundamentais e complementarias co fin de conseguir mellorar a competitividade dos seus clientes: Área de consultoría, de formación e de selección.
Para dito estudio, centrado no ámbito xeográfico español:
- En primeiro lugar analízase a situación (o entorno externo e interno da consultora). Isto permite elaborar un DAFO que servirá como base para a elaboración do plan.
- Tras isto, establécense os obxectivos do plan de marketing e procédese a determinar as estratexias e plans de acción que se levarán a cabo.
- Por último, determínanse os métodos mediante os cuáis realizaranse o seguimento e o control de dito plan, permitindo observar as desviacións que se produzan, identificando as súas causas e posibles medidas corretivas.
Volver