Secretaría Uvigo - Modelo de negocio dunha empresa proptech

Modelo de negocio dunha empresa proptech

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
Tribunal Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto
ResumoO contexto cambiante e a continua transformación tecnolóxica fixeron que as industrias vivan nunha continua incerteza e teñan que adoptar novas tecnoloxías e dixitalizarse. Aínda que o sector inmobiliario ten un carácter tradicional, non foi menos, e foi reformulado grazas á tecnoloxía e á transformación dixital. Así é como o fenómeno proptech é unha nova realidade que lidera o sector inmobiliario. O rápido crecemento do proptech e o volume de investimentos auguran un cambio radical na industria. Teoricamente, analízase o contorno xenérico e específico, que conclúe cunha análise DAFO que incorpora factores internos dunha proposta proptech para comprender o ecosistema, de tal xeito que se utilizou a documentación existente máis recente. Xunto coa análise estratéxica realízase unha proposta práctica co fin de facer tanxibles os coñecementos adquiridos e propor un modelo de negocio, que a través dunha plataforma web, busque resolver na área de Vigo, Ourense e Pontevedra o problema do aluguer para estudantes e xóvenes profesionais.
Volver