Secretaría Uvigo - Internacionalización empresarial: estudo e desenvolvemento dunha árbore de decisión secuencial para a toma de decisións de internacionalización

Internacionalización empresarial: estudo e desenvolvemento dunha árbore de decisión secuencial para a toma de decisións de internacionalización

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Miguel González Loureiro
Tribunal Titoría: Miguel González Loureiro
ResumoO presente traballo ten como obxectivo o estudo e desenvolvemento dunha árbore de decisións secuencial para a toma de decisións de internacionalización das empresas. Para poder realizalo, primeiro realizouse unha revisión daquelas variables que resultan relevantes para as empresas á hora de elixir a forma de entrar a un mercado internacional, elaboráronse unha serie de preguntas que as empresas deberán responder para navegar pola secuencia e desenvolveuse a árbore de decisións. Aplicouse esta árbore a dous casos reais co obxectivo de ter un primeiro retorno sobre a súa validez; para isto foi necesario realizar entrevistas co fin de obter a información acerca das variables involucradas na secuencia e a súa orde. O resultado foi a creación dunha árbore de decisións que as empresas poden utilizar para elixir o modo de entrada a un mercado internacional que mellor se adapte ás súas características e necesidades.

Internacionalización - Modos de entrada - Variables de internacionalización - Árbore de decisións
Volver