Consecuencias do Brexit no sector pesqueiro galego
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Josefina Lucy Amigo Dobaño |
Tribunal |
Titoría: Josefina Lucy Amigo Dobaño |
Resumo | O 1 de xaneiro de 2021 o Reino Unido abandonou a Unión Europea, desatando unha serie de consecuencias de gran importancia económica. Nos últimos anos, os diferentes líderes de ambos os bloques negociaron unha serie de medidas para facer esta separación o menos dura posible para a sociedade. Este traballo aborda os relacionados coa pesca e pon sobre a mesa os acordos que serán necesarios no futuro para manter boas relacións comerciais, ademais de proporcionar unha base teórica sobre as políticas pesqueiras. Galicia mantén unha estreita relación co sector pesqueiro posto que unha parte importante da súa economía depende diste, directa e indirectamente, debido ao gran número de empregados que xenera, ao gran arrastre que ten noutros sectores económicos e á interdependencia creada con outros sectores produtivos. Este informe tamén ofrece unha visión da situación dos resultados da frota española en comparación co total europeo seguida dunha análise das dúas zonas máis afectadas para a explotación pesqueira das empresas galegas: o Gran Sol e as Malvinas. PALABRAS CLAVE Brexit, sector pesqueiro, Zona Económica Exclusiva, Política Pesqueira Común, cotas. |