Contribución da banca española ao ODS 13
Autoría | Sara Pérez Araújo |
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Tribunal |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Resumo | Este traballo de fin de grao analiza a contribución que a banca española realiza ao cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 13 (ODS 13, Acción climática). Por iso explicamos como o cambio climático está a afectar ao planeta. O sector financeiro, e especialmente o sector bancario, pode contribuír á consecución do ODS 13, reorientando a súa actividade cara ao desenvolvemento sostible, ecologizando a súa carteira de produtos, incluíndo o risco climático como risco financeiro, reducindo as súas emisións de CO2, consumo de auga e papel e entre outras moitas actuacións, vetando o financiamento de calquera actividade que teña un impacto negativo no medio ambiente. Coa intención de reflectir a realidade española, analízase as principais actuacións que realizan os bancos na consecución da acción polo clima. A atención céntrase nas tres entidades financeiras máis importantes de España por volume de activos totais: Caixabank, Banco Santander e BBVA. Palabras clave: cambio climático, desenvolvemento sostible, ODS 13, banca, criterios ESG. |