Financiamento para o desenvolvemento sostible en entidades locais: especial referencia ao ODS 13
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Tribunal |
Titoría: Sonia Margarita Rodríguez Parada |
Resumo | Este Traballo Fin de Grao ten a finalidade de servir como axuda ás Entidades Locais de menor tamaño para fomentar nelas a inversión en proxectos sostibles relacionados coa Axenda 2030, facendo especial referencia ao ODS 13 de acción polo clima. Deste xeito, una vez que se presenta o panorama internacional en relación ás finanzas sostibles, procédese a plasmar a realidade las Entidades Locais de menos de 5.000 habitantes da provincia de Pontevedra en liña con este tema. Tras concluir que a falta de financiamento é un dos principais inconvenientes destas entidades á hora de incrementar o seu investimento en proxectos sostibles, procédese a presentar, de xeito práctico, algunas das alternativas que teñen este tipo de entidades para obter financiamento. Ademais, coa finalidades de incentivar que efectivamente se realice este investimento, preséntanse os procedementos a seguir para poder optar a este tipo de axudas financieiras. Palabras clave: Desenvolvemento sostible, Entidades Locais, finanzas sostibles, Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS 13. |