Resumo | Este Traballo Fin de Grao tratará de analizar o proceso de creación dunha empresa que siga o modelo de negocio de distribución loxística Dropshipping, un tipo de Ecommerce, é dicir, un comercio online que tivo unha gran expansión nos últimos anos, polas súas características que convertelo nun negocio cun risco baixo pola eliminación de stocks e un investimento reducido. Con este modelo de negocio é posible vender calquera produto dende a comodidade da casa, só empregando un ordenador co que recibir os pedidos dos clientes e pasando o pedido ao dropshipper, que se encarga de entregar o produto ao cliente. Como se explicará, para o éxito dunha empresa de Dropshipping é necesario, como noutros modelos de negocio, ter certos coñecementos previos tanto do produto a vender, como do mercado, así como dun plan de negocio. que serve de folla de ruta. |