Aplicacións da mercadotecnia sectorial no turismo rural. Estudo de caso na zona da Ribeira Sacra
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María José García Rodríguez |
Tribunal |
Titoría: María José García Rodríguez |
Resumo | O turismo rural presenta unha evolución positiva, en canto a demanda e oferta en España. É un sector novo con respecto ó mesmo en Europa, o que lle outorga unha serie de vantaxes competitivas. Esta forma de turismo asentase en España como unha maneira de escapar do típico turismo de sol e praia, masificado ata o momento. Ademais, outro factor determinante para o seu desenvolvemento foi a crise agraria; os agricultores viron nesta actividade turística un beneficio extra que lles axudaba a complementar as súas rendas agrarias. Tamén crece como unha resposta para aqueles visitantes más sostibles co medio ambiente que non queren rexeitar esta actividade de ocio. Sen dúbida, a transformación vivida no sector de turismo rural non sería posible sen a concienciación e a aplicación das estratexias de marketing, que ademais de dar a coñecer o produto axuda a frear o despoboamento e a preservar lugares que poderían quedar no esquecemento. Neste traballo mostrase como o turismo rural vai máis alá de aloxarse no medio rural. Seguindo con isto, no caso de aplicación exponse como unha actividade do sector primario, a viticultura e con unha denominación de orixe, é capaz de crear outras actividades relacionadas. Palabras clave: Turismo rural, aloxamentos rurais, oferta e demanda rural, estratexias de marketing, Ribeira Sacra. |