Secretaría Uvigo - A hipoteca no concurso de acreedores

A hipoteca no concurso de acreedores

AutoríaTarym Giovanna Llontop Rodríguez
Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Miguel Ángel Bouza López
Tribunal Titoría: Miguel Ángel Bouza López
ResumoO concurso de acredores é un problema ao que se enfrontan moitas empresas, en tempos de inestabilidade e crise económica, ao non poder facer fronte aos seus pagos. Doutra banda, a hipoteca, é un dereito real de garantía e contará cun papel especial dentro deste proceso. Cando unha empresa declárase en concurso, son moitos os intereses que se teñen que conciliar, entre eles os do propio acredor.

O obxectivo do presente traballo é facer unha análise do concurso de acredores, coñecer que ocorre coa figura do acredor hipotecario, xa que un dos elementos do negocio constitutivo de hipoteca é o dereito do mesmo a instar o alleamento forzoso do ben, preténdese á súa vez, analizar as diversas dificultades que pode afrontar o acredor hipotecario, así como profundar nas distintas alternativas á hora de executar a súa garantía en cada unha das súas fases.

Realizaranse os estudos en base aos artigos do Texto Refundido da Lei Concursal, ademais da Xurisprudencia sobre Concurso de Acredores, informes da Administración Pública e artigos de revistas que axuden a comprender os diversos problemas complexos que poden suscitarse cos actos referente ao Concurso de Acredores e unha Hipoteca.
Volver