O comercio xusto en España
| Data de defensa | 04/07/2022 |
| Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
| Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
| Dirección |
Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto |
| Tribunal |
Titoría: Carlos Antonio Ferro Soto |
| Resumo | O xurdimento dun sistema económico baseado no liberalismo e na existencia dos procesos de colonización acontecidos durante o pasado século, deron lugar á presenza de grandes desigualdades entre nacións. En consecuencia, xerouse a necesidade de desenvolver movementos comerciais alternativos que busquen paliar esta conxuntura, entre os que destaca o Comercio Xusto. Así pois, este traballo presenta dous obxectivos principais, por unha banda, analizar a situación actual do Comercio Xusto en España, e pola outra, determinar as características dos seus consumidores neste país. Para a súa consecución, realizouse unha presentación previa deste movemento a nivel internacional para, deste xeito, posteriormente poder analizar os datos financeiros das distintas entidades estatais relacionadas. Finalmente, proponse ás institucións públicas e privadas unha serie de medidas que axudarían a potenciar o Comercio Xusto no devandito estado. Palabras chave: Comercio Xusto, dereitos humanos, salario xusto, medio ambiente, consumidor español. |