Fomentan as cooperativas a igualdade de xénero?
Data de defensa | 04/07/2022 |
Titulación | Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Centro | Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais |
Dirección |
Titoría: María José Cabaleiro Casal |
Tribunal |
Titoría: María José Cabaleiro Casal |
Resumo | Cooperativismo e igualdade son dous conceptos que se dan a man a nivel teórico. Pero as mulleres están expostas a nivel social a unha serie de dificultades e barreiras que dificultan a súa entrada no mercado laboral. Neste traballo expóñense datos para ver se as cooperativas son realmente capaces de superar estas barreiras sociais. Para dar a coñecer os modelos cooperativos como opción precursora da igualdade de xénero, realízase unha comparación das distintas sociedades de capital coas cooperativas segundo o nivel de presenza feminina en cada unha. Por outra banda, analízase o nivel de presenza feminina nas cooperativas da Comunidade Autónoma galega. Polo tanto, trátase dun estudo de se cumpre ou non coas bases teóricas do cooperativismo na práctica que realizan as empresas e a que nivel se cumpre. Palabras clave: Sociedades cooperativas, igualdade de xénero, democracia, mulleres. |