Secretaría Uvigo - Funcionamento dunha empresa do sector da pedra natural: importancia do sistema de inventarios e a súa influencia nos custos

Funcionamento dunha empresa do sector da pedra natural: importancia do sistema de inventarios e a súa influencia nos custos

Data de defensa04/07/2022
TitulaciónGrao en Administración e Dirección de Empresas
CentroFacultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Dirección Titoría: Tony Crespo Franco
Tribunal Titoría: Tony Crespo Franco
ResumoRESUMO

O obxectivo deste traballo é mostrar a realidade dunha empresa dedicada á transformación da pedra natural, desde a compra de materias primas, o seu proceso de produción e a elaboración de pedidos para os clientes, así como a posibilidade de implantar melloras. Os diferentes custos que soportan este tipo de negocios serán o núcleo do traballo, indicando cales son os máis relevantes, ademais de explicar como funciona o sistema de inventario. Realizarase dende Ramilo S.L, empresa galega con medio século de experiencia no sector, para que se coñezan os problemas reais que afrontan este tipo de empresas. As propostas realizadas demostran que existe unha gran marxe de mellora, é dicir, a pesar de ser un sector tradicional, a transformación da pedra, pola importancia deste material, seguirá avanzando no futuro.

Palabras chave: Pedra natural, tear, granalla, flexe, abujardado, concentracións, fisuras, sistema de inventario.
Volver