Secretaría Uvigo - Simulación de exercicios de rehabilitación mediante robot colaborativo.

Simulación de exercicios de rehabilitación mediante robot colaborativo.

AutoríaNicolás Yagüe Novoa
Data de defensa23/06/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Cotitoría: Diego Silva Muñiz
Tribunal Vogalía: Alberto Comesaña Campos
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: José Alberto Fernández Villar
ResumoEste Traballo de Fin de Grao céntrase no desenvolvemento dun programa para o robot colaborativo UR5, cuxo obxectivo é o de realizar movementos cuasi-humanos que simulen exercicios de rehabilitación. Ditos movementos son tanto das extremidades superiores como das inferiores. Para conseguir replicar os movementos humanos, introdúcense variables como a velocidade, flexibilidade e aleatoriedade a través da consola portátil. Así mesmo, o operario pode asignar o número de repeticións que se desexen realizar e aínda volver a executar o movemento unha vez rematado.
Ademais dos exercicios programados, explícase unha guía de como introducir un novo para continuar coa mesma filosofía de desenvolvemento.
A finalidade é conseguir replicar os exercicios de rehabilitación semellantes aos que realizaría unha extremidade humana, permitindo que nun próximo proxecto se consiga programar un robot asistencial que axude ao fisioterapeuta e evite a súa fatiga. Así, á hora de adestrar dito robot, utilizaríase o UR5 coas traxectorias descritas neste traballo en lugar de brazos en pernas humanas. Ademais, gracias a engadir o parámetro de aleatoriedade, déixase preparado o sistema para unha posible futura introdución de técnicas de Intelixencia Artificial.
Volver