Secretaría Uvigo - Xeración de aplicación web tipo SCADA e app móbil para visualización de parámetros dun ventilador mecánico de uso hospitalario

Xeración de aplicación web tipo SCADA e app móbil para visualización de parámetros dun ventilador mecánico de uso hospitalario

AutoríaAndrea Pereira Castro
Data de defensa23/06/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Biomédica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Cotitoría: Diego Silva Muñiz
Tribunal Vogalía: Alberto Comesaña Campos
Presidencia: Antonio Riveiro Rodríguez
Secretaría: José Alberto Fernández Villar
ResumoEste Traballo de Fin de Grao pretende ampliar as utilidades que presenta un respirador artificial de baixo custo creado durante a pandemia da Covid-19 por The Open Ventilator e que foi automatizado nun previo TFG. Neste proxecto desenvolveranse dúas aplicacións para permitir ao equipo médico visualizar e asignar variables internas e de proceso de varios respiradores que se atopen nun hospital. Por unha parte, desenvolverase unha aplicación de escritorio coa cal se poderán visualizar todas as variables que aparecen no IHM e gráficas nun monitor (plataforma PC, pantalla), así como outras funcionalidades propias dunha aplicación web, tales como extraer datos a outros formatos (Excel), visualizar datos para mantemento, rexistrar novos pacientes... Por outra banda, tamén se profundizará no desenvolvemento dunha app móbil para monitorizar e/ou modificar as variables máis importantes a nivel clínico. Deste xeito, levarase a cabo o densenrolo dunha arquitectura que permita a comunicación externa co dispositivo, permitindo a conexión deste dispositivo a un servidor para que, dende diferentes terminais PC ou móbil, os sanitarios (clientes) poidan recibir alarmas procedentes do mesmo, modificar algún parámetro con botóns virtuais?
Este proxecto abrangue dende a xeración dun modelo relacional de base de datos onde se gardarán todas as variables así como históricos, a xeración dunha aplicación web de visualización de datos (backend e frontend) coas consultas pertinentes á base de datos xerada, ata as comunicacións entre o respirador e a base de datos e entre estes e as aplicacións (móbil e escritorio). Esta comunicación realizarase por medio do protocolo MQTT utilizando o broker MosQuiTTo. Tamén se precisará do software Node-Red e da súa implementación coa dashboard para a integración dos datos na base de datos e para xerar a aplicación móbil.
Volver