Dicionario do Galego do Bierzo
| Autoría | Sara Rodríguez Fernández |
| Data de defensa | 15/06/2022 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Cotitoría: Alberto Álvarez Lugrís Cotitoría: Xosé Henrique Costas González |
| Tribunal |
Titoría: Alberto Álvarez Lugrís Titoría: Xosé Henrique Costas González |
| Resumo | Resumo: Este traballo radica en recoller o léxico diferencial das variedades do galego do Bierzo. Utilizáronse diferentes obras bibliográficas e dicionarios para extraer e definir os termos da maneira máis clara posible co fin de que todas as persoas, sexan ou non bercianas, poidan acceder a esta obra e entender o significado de cada termo, aínda que non presenten unha relación estreita coa cultura e a lingua da comarca berciana. Neste traballo non só se amosa o vocabulario que se emprega na zona, senón tamén as palabras que ás veces poden ser descoñecidas mesmo para o pobo berciano, debido á falta de uso. O resultado final consiste nunha obra que ofrece ao redor de 3000 entradas de termos diferenciais das falas do Bierzo característicos e caracterizadores do galego oriental central. Palabras chave: Dicionario, léxico, galego, Bierzo, galego do Bierzo. |