A interpretación como arma colonizadora: o caso do Imperio incaico
| Data de defensa | 16/06/2022 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez |
| Tribunal |
Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez |
| Resumo | O presente TFG consiste na compilación e posterior enfoque narrativo da información relacionada coa historia social da América Meridional, especificamente aquela centrada no papel desenvolvido polas persoas intérpretes durante a época da caída do Imperio inca. O traballo nace co obxectivo de contrastar ata que punto tivo influencia na conquista do Imperio inca a mediación lingüística oral, pondo de relevo as posibles incoherencias existentes nos coñecementos actuais sobre a realidade hispanoperuana; así como recoñecer o labor das persoas que se dedicaban á interpretación e que contribuíron de maneira indirecta ao nacemento da nosa profesión, presentando brevemente as súas vidas e contribucións á historia da disciplina. Palabras clave: Mediación interlingüística, Imperio inca, intérprete, conquista. |