Análise da oralidade do alumnado de Bacharelato no concello de Vigo
| Autoría | Julieta Insagaray |
| Data de defensa | 16/06/2022 |
| Titulación | Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Xosé Henrique Costas González |
| Tribunal |
Titoría: Xosé Henrique Costas González |
| Resumo | Aínda que a lingua galega goza de recoñecemento oficial dende hai máis de corenta anos, o proceso de substitución lingüística a prol do castelán continúa o seu avance a un ritmo alarmante. Á ruptura de transmisión interxeracional súmanse os prexuízos e a escasa conciencia lingüística da poboación, configurando un futuro pouco prometedor para o galego. Neste contexto, a ensinanza debería ser un espazo que frease esta inercia homoxeneizadora e favorecese a inmersión lingüística do alumnado en lingua galega. Porén, en moitos casos actúa mesmo como un axente desgaleguizante. Xa que logo, emprendemos este traballo de investigación co obxectivo de indagar sobre a competencia oral en lingua galega do estudantado de bacharelato e, asemade, describir cal é o estado da lingua nesta franxa de idade. Para isto, realizáronse cen gravacións anónimas en cinco institutos distintos do concello de Vigo, tres centros públicos e dous privados. As mostras foron analizadas en base a consideracións de carácter fonético, morfolóxico, sintáctico e léxico. A continuación, os datos recadados plasmáronse nunha base de datos elaborada no programa Access. Finalmente extraéronse as conclusións pertinentes. Palabras chave: lingua galega, sociolingüística, substitución lingüística, competencias, oralidade, gravacións, interferencias, híbridos. |