| Data de defensa | 15/06/2022 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez
|
| Tribunal |
Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez
|
| Resumo | O presente traballo consiste nunha proposta de tradución ao galego de varios fragmentos de Jane Eyre, escrito por Charlotte Brontë en 1847. A miña aproximación á obra consta dunha introdución ao feminismo e á tradución literaria na nosa lingua e dunha análise na que se comentan os elementos máis relevantes da novela, os problemas que se presentan á hora de traducilos e as estratexias que empregamos para solucionalos. O obxectivo desta proposta é reivindicar o feminismo en Jane Eyre e a capacidade do galego como lingua transmisora de clásicos da literatura. |