Tradución no sector automobilístico: vehículos automatizados e conectados
| Data de defensa | 15/06/2022 |
| Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: María Teresa Veiga Díaz |
| Tribunal |
Titoría: María Teresa Veiga Díaz |
| Resumo | O noso obxectivo principal consiste en ofrecer unha tradución científico-técnica sobre un campo da automoción que sexa fiel á función do texto orixe e que cumpra as metas da linguaxe científica. Para presentar a nosa tradución, primeiro exporemos unha contextualización previa sobre os vehículos automatizados e conectados xunto cos modelos de tradución nos que nos basearemos. A continuación, elaboraremos unha análise do texto orixe e do proceso de busca documental. Finalmente, explicaremos as dificultades de tradución que consideramos máis representativas do proceso e proporcionaremos as conclusións que obtivemos despois de realizar o traballo. Palabras clave: condución, linguaxe científica, texto orixe, texto meta |