As actividades de interacción oral no enfoque orientado á acción en Netzwerk Neu A1.1
| Autoría | Laura Cordeiro Portela |
| Data de defensa | 15/06/2022 |
| Titulación | Grao en Linguas Estranxeiras |
| Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
| Dirección |
Titoría: María José Corvo Sánchez |
| Tribunal |
Titoría: María José Corvo Sánchez |
| Resumo | O presente estudo céntrase nas actividades de interacción oral e ofrece a análise dun corpus constituido por 77 exercicios do manual do método do alemán como lingua estranxeira Netzwerk Neu A1.1. O obxectivo é determinar o grao de adecuación deste método ás directrices expostas polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e o seu enfoque orientado á acción, así como destacar a importancia deste tipo de actividades na ensinanza e aprendizaxe de linguas estranxeiras. Palabras chave: análise de manuais, lingua alemá, Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas, interacción oral, ensinanza e aprendizaxe de linguas estranxeiras |