A Defensa das Identidades de Dobre Espírito en Jonny Appleseed de Joshua Whitehead
Autoría | Marta Alonso Guisande |
Data de defensa | 15/06/2022 |
Titulación | Grao en Linguas Estranxeiras |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: María Belén Martín Lucas |
Tribunal |
Titoría: María Belén Martín Lucas |
Resumo | Nos últimos anos do colonialismo e nos actuais tempos neocoloniais, moitos pobos atoparon na literatura un bo recurso para a transmisión e a defensa das súas particularidades culturais como un intento de desafiar a literatura dominante da sociedade de orixe europea, que impuxo unha visión imperialista sobre eles. No Canadá, o renacemento cultural dos pobos indíxenas pretende promover os seus propios valores identitarios e as súas oportunidades de desafíar a hexemonía establecida ao mesmo tempo que reflicte as consecuencias negativas do proceso de asimilación cultural. Este é o caso da novela de Whitehead, Jonny Appleseed, que reflicte a loita do protagonista contra o borrado da súa comunidade e a imposición da cultura occidental sobre a súa, particularmente con respecto á homosexualidade e á dobre espirituallidade. Joshua Whitehead, Jonny Appleseed, Identidades de Dobre Espírito, Pobos Indíxenas, Indigiqueer. |